A pesares do mal tempo e da limitación do número de entradas á venda por persoa, os/as veciños e veciñas de Viana do Bolo madrugaron para mercar as súas entradas e non perderse esta 54 edición da nosa festa máis afamada.
 
A deste ano convértese na edición que antes esgotou as entradas (en menos de 5 horas), o que demostra o gran éxito do que goza a Festa da Androlla e o Entrudio de Viana do Bolo.
 
Dende o Concello damos as gracias a todas as persoas que, con paciencia e boa disposición, se achegaron ao concello a mercar as súas entradas, facilitando moito o traballo das persoas encargadas da súa venda.