

Un ano máis o noso Luns de Entrudio queda reservado para os/as cativos/as da casa!


A xornada dará comezo ás 16:30h dende a Rotonda do Boteiro de onde saíra un enorme Fulión Miúdo , que percorrerá as rúas de Viana ata rematar na Praza Maior!!


Unha vez na Praza os xogos, bailes, música e animación farán desta unha tarde moi especial.


Ao remate haberá chocolatada para todos/as.


Recorda traer disfraz e a túa aixada ou bombo!!


O cartel deste ano, "Desde Viana para o mundo", é obra de Anxo Diéguez Guerra, gañador da 1ª edición do "Concurso Cartel do Entrudio Infantil 2026".