🎭 Hoxe á mañá tivo lugar a presentación da XI Edición do Festival Internacional ViBoMask Mascarada Ibérica de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
 
🎭 O acto celebrouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense, e nel participaban o Presidente do INORDE da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; os alcaldes de Viana do Bolo, Germán García-Ávila, e de Vilariño de Conso, Melisa Macía; o presidente da Asociación Robreda e coordinador do evento, Jorge Domínguez “Minas”, así como o responsable de Turismo de Galicia en Ourense, Cecilio Santalices.