

O sábado 4 de abril terá lugar unha Ruta de Pinchos por 5 dos locais hostaleiros da nosa vila, que ofrecerán deliciosos petiscos a todos/as os/as participantes.


Para participar tes que mercar a túa entrada (ata o 3 de abril) nalgún dos bares que compoñen a ruta. Esta entrada inclúe 5 consumicións cos seus 5 petiscos e deberá ser canxeada por un "cartón de consumicións" o mesmo sábado 4 de abril ás 20 horas nos Soportales.


Tamén haberá música a cargo do grupo Tómalleoutra, polo que a festa e a diversión están aseguradas...