

O venres 24 de abril ás 20:00 horas temos unha cita coa cultura e a lectura no acto de presentación da obra "Aldeas de Conso, Frieiras e Viana", da man do seu autor Bruno Rúa.
.


A obra ofrece un completo traballo de investigación que documenta o patrimonio e a memoria das aldeas do sueste ourensán.
.


Bruno Rúa, escritor e antropólogo nado en Verín (Ourense), conta con máis de 20 anos de experiencia investigando e catalogando o patrimonio do sur de Ourense. Destaca polas súas obras sobre o patrimonio cultural e relixioso da comarca do Támega, Monterrei e A Limia, incluíndo petróglifos e cruceiros.
.


Bruno amplía agora a súa colección con este novo libro adicado ao noso concello e zonas limítrofes.
.