

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei convoca unha mobilización para defender un dereito fundamental: unha sanidade pública de calidade para toda a veciñanza.
.

Sábado, 1 de agosto
.

19:30 horas
.

Centro de Saúde de Verín
.


Baixo o lema "Non pedimos privilexios, pedimos sanitari@s", esta manifestación pretende reclamar os recursos humanos necesarios para garantir unha atención sanitaria digna e frear a perda progresiva de servizos e de calidade na nosa sanidade pública.
.


Dende o Concello de Viana do Bolo queremos mostrar o noso firme apoio a esta causa, do mesmo xeito que o fixemos na defensa doutros dereitos e servizos fundamentais para o noso rural, como na concentración contra o desmantelamento do Hospital do Barco de Valdeorras ou nas mobilizacións en defensa do dereito ao tren.
.


Estamos convencidos/as de que a unión da cidadanía é fundamental para garantir uns servizos públicos de calidade e un futuro con igualdade de oportunidades para todos e todas.
.


A defensa da sanidade pública é unha responsabilidade compartida. A túa participación é importante.