📅 7, 8 e 9 de agosto
.
📍 Pavillón Deportivo Municipal de Viana do Bolo
.
⚽🏆 Volve unha das citas deportivas máis esperadas do verán en Viana do Bolo. Durante tres días, o noso pavillón converterase no escenario de intensos partidos, emoción, compañeirismo e moito fútbol sala.
.
⚽🏆 Equipos chegados de distintos puntos de Galicia e Portugal volverán reunirse para disputar un torneo xa consolidado como un referente do verán deportivo vianés.
.
🏅🏅 Ademais da competición, haberá premios, sorteos e un ambiente inmellorable para que xogadores, afección e visitantes gocen dunha fin de semana inesquecible.
.
👏👏 A entrega de premios contará cunha homenaxe a Daniel Rodríguez Carracedo.
.
⚽🙌 Achegádevos ao pavillón a vivir unha fin de semana de deporte, convivencia e bo ambiente. Porque o Maratón de Fútbol Sala de Viana do Bolo é moito máis ca un torneo: é unha tradición que une á veciñanza e atrae cada verán a centos de persoas á nosa vila.
.
💪⚽ Vémonos na bancada!