🏆🏆 O vindeiro sábado 8 de agosto, o Campo da Feira acollerá o I Torneo de Petanca do Concello de Viana do Bolo, unha cita pensada para desfrutar dun deporte que cada vez conta con máis afeccionados e afeccionadas.
.
🏆🏆 Ademais, este torneo servirá para estrear oficialmente o novo campo de petanca, recentemente habilitado polo Concello, creando un lugar específico para a práctica deste deporte e para o encontro e goce de todos os/as seguidores e seguidoras.
.
📍 Lugar: Campo da Feira
.
🕙 Inicio: 10:00 h
.
👥 Modalidade: Por parellas
.
✅ Inscrición gratuíta
.
📝 Onde inscribirse?
➡️ No Bar Emigrante: De luns a venres ou o sábado (de 9 a 9:30h)
➡️ No Bar Os Castiñeiros
➡️ Enviando unha mensaxe aos teléfonos:
📞 671 829 502
📞 627 906 200
📞 650 359 139
.
🏅 Haberá premios para os equipos clasificados:
🥇 1º posto
🥈 2º posto
🥉 3º posto
🎖️ Premio de consolación
.
🏆🏆 Anímate a participar, tanto se xa es un/unha apaixonado/a da petanca como se queres descubrir este deporte. Agardámoste para compartir unha xornada de convivencia, deporte e bo ambiente na estrea dun novo espazo pensado para toda a veciñanza.