💚💚 GRAN NOITE SOLIDARIA CONTRA O CANCRO EN VIANA DO BOLO


Hai causas que nos unen, que nos lembran a importancia de estar xuntos e de poñer o noso gran de area para axudar. A loita contra o cancro é unha delas.
.


O vindeiro sábado 3 de outubro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Viana do Bolo acollerá unha Gran Noite Solidaria contra o Cancro, a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
.


Un acto para unirnos pola investigación e o apoio ás persoas con cancro e ás súas familias, organizada polas voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro de Viana do Bolo que contará con:
.

Intervencións:
• Dr. Don Rafael López, oncólogo.
• Representantes da AECC de Verín e O Barco.
.

Actuacións solidarias:
• Son do Sil, con música en directo.
• Mago Teto, con maxia e ilusionismo.
.

Entradas: 12 €
.

Venda anticipada en Bar Dani e Don Euro.

Tamén na Casa da Cultura o mesmo día da actuación.
.


Agardámosvos para compartir unha noite de solidariedade, cultura e compromiso coa loita contra o cancro.