💜👩 Un ano máis o Concello de Viana do Bolo, a través do CIM, conmemora o Día Internacional das Mulleres Rurais coa celebración dunha serie de actos e actividades que terán lugar ao longo do mes de outubro.
.
📅 PROGRAMACIÓN
.
🎭 Mércores 7 de outubro | 11:45 h
Representación teatral “Foot”
📍 Casa da Cultura
.
📚 Mércores 7 de outubro | 16:00 h
Inicio do novo curso do programa “Poñémonos Moradas”
📍 Mourisca
.
🖼️ Xoves 15 de outubro | 12:30 h
Inauguración da exposición “Poñémonos Moradas”
📍 Sala de Exposición do Concello
.
💡 Martes 20 de outubro | 10:00 h
Programa “Xeración Emprende: A Ruta Rural do Emprendemento Xuvenil”
📍 IES Carlos Casares
.
🎭 Sábado 24 de outubro | 20:00 h
Representación teatral “As alumnas”
📍 Casa da Cultura
.
💜👩 Con esta programación, queremos reafirmar o compromiso do Concello de Viana do Bolo e o CIM coa igualdade, coa visibilización das mulleres e coa defensa dun rural vivo, igualitario e con futuro.
.
👀 Estade moi atent@s ás nosas Redes Sociais durante os próximos días para coñecer máis información sobre as distintas actividades.