📣🏥 A Plataforma Sanitaria de Valdeorras convoca unha manifestación para reclamar unha atención sanitaria digna e de calidade na nosa comarca, ante a perda de servizos e recursos dos últimos anos.
.
📅 Sábado, 17 de outubro
🕠 Ás 17:30 horas
📍 O Barco de Valdeorras
🚶 Saída diante do Hospital de Valdeorras.
.
📣🏥 Dende o Concello de Viana do Bolo, animamos a toda a veciñanza a participar nesta mobilización e a unir as súas voces para esixir uns servizos públicos con recursos suficientes e unha atención acorde coas necesidades da poboación.
.
📣🏥 Así mesmo, no pasado Pleno municipal aprobouse unha moción en apoio á Plataforma Sanitaria de Valdeorras e á súa loita pola defensa dunha atención de calidade na nosa comarca.
.
📣🏥 A saúde é un dereito. Defendamos xuntos/as o futuro dos nosos servizos públicos!