🟣 Un ano máis o Concello de Viana do Bolo, a través do CIM, conmemora o Día Internacional das Mulleres Rurais. 
 
🟣 Nesta data, pero tamén o resto do ano, queremos reivindicar e recoñecer o papel das mulleres do rural implicando, para elo, a toda a veciñanza vianesa. 
 
🟣 Os obradoiros de teatro comunitario "Os marcos movémolos nós" e a proxección do documental galego "Deuses de Pedra" son as propostas para a programación deste 2025, en colaboración da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
 
👀 Estade moi atent@s ás nosas Redes Sociais porque se "están a cocer" novos proxectos e actividades para todos os gustos e idades.