Bando da Alcaldía en relación ás Festas Patronais 2020.
Reserva de localidades para o novo pase da actuación do Mago Teto o vindeiro 17 de agosto, ás 21:00 e 23:00 horas no 988 340 120 en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Reserva de localidades para as actuacións do Mago Teto o vindeiro 14 de agosto, ás 21:00 e 23:00 horas no 988 340 120 en horario de 9:00 a 14:00 horas.
O venres 14 de agosto ás 21:00 e ás 23:00 horas temos unha cita co "noso" Mago Teto, que trae ata Viana o seu novo espectáculo "Unha noite no Castelo".
Un espectáculo de maxia co selo persoal do mago Teto, pero coa particularidade de que ninguén participa activamente no espectáculo, ninguén sube ao escenario, pero a maxia sucederá ás veces nas cadeiras do público e terá un gran peso a parte interactiva co público.
Neste espectáculo, o público gozará de todo tipo de efectos máxicos, desde grandes ilusións, ata maxia de primeiro plano, pasando por efectos visuais e de mentalismo.
"Unha noite non Castelo" realizarase, como non podía ser doutra forma, nos exteriores do Castelo, un entorno máxico e único no que ademais, se cumpren todas as medidas e protocolos de seguridade que actualmente se precisan.
Videoacta do Pleno Ordinario celebrado o pasado xoves, 30 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Viana do Bolo, debido ás circunstancias excepcionais e de forza maior causadas pola COVID-19.
Prema en "Ver mais" para acceder á Orde do Día e á Videoacta da sesión. Tamén podes atopala na canle de youtube do Concello de Viana do Bolo.
Esta Alcaldía convocou o Pleno Municipal para sesión ordinaria que se celebrará no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Viana do Bolo ás 20:00 horas do día 30 de xullo 2020.
Pola presente publícase o resultado das baremación de méritos dos aspirantes no proceso de selección de dúas Brigadas de Prevención, Vixilancia e Defensa contra os Incendios Forestais.
Os aspirantes propostos para a contratación en cada categoría deberán proceder á realización do Recoñecemento Médico e, en caso de superalo, da formación obrigatoria. O resto dos aspirantes integrarán unha lista de reserva por orde de puntuación.
Bando da Alcaldía con motivo da celebración do Día da Patria Galega.
Prema en "ver máis" para descargar o Bando en formato .pdf.
Pola presente publícase o resultado das probas correspondentes á Fase de Oposición do proceso de selección de dúas Brigadas de Prevención, Vixilancia e Defensa contra os Incendios Forestais.
Os aspirantes que resultaron APTOS pasarán á seguinte fase de valoración de méritos, cuxo resultado será anunciado por esta mesma canle.
Podes pasar a recollela os días 24 e 25 de xullo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00, na Oficina Municipal de Información Turística, sita na Casa do Concello.
Pola presente publícase a Resolución de Adminitidos no proceso de selección de 2 Brigadas de Prevención, Vixilancia e Defensa contra os Incendios Forestais.
Convócase ós aspirantes para a realización das probas da fase de oposición, que terán lugar mañá, xoves 23 de xullo, ás 08:30 horas no Campo de Fútbol As Carrelas. Deberá acudirse provisto de DNI, zapatillas deportivas e unha mochila cargada con 11 kg de peso.
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar a normativa e o Bando en formato .pdf.