Videos promocionais

SAUDADE

Neste 2021, tras un ano padecendo os efectos da pandemia, dende o Concello de Viana do Bolo quixemos acordarnos daqueles e daquelas que están fora.

Fillas e fillos de Viana que durante os últimos meses non puideron gozar das nosas festas, tradicións, paisaxes e sobre todo... das súas familias e amizades.

A todas esas persoas que están desexando visitarnos queremos enviarlles unha mensaxe de esperanza e agarimo e dicirlles que pronto nos volveremos a ver nas rúas e aldeas de Viana!

Preme na imaxe para visualizar o vídeo 

VIANA DO BOLO, PARAÍSO NATURAL

 

Vídeo promocional do Concello de Viana do Bolo.

Fermosas imaxes da vila de Viana do Bolo, rodeada polo encoro e coa súa Torre da Homenaxe na cima do pobo.

Unha gran mostra do valor paisaxístico, etnográfico e turístico da nosa vila.

Preme na imaxe para visualizar o vídeo 

 

VIANA DO BOLO, PARAÍSO NATURAL (VERSIÓN EN CASTELLANO)

 

Vídeo promocional del Concello de Viana do Bolo.

Hermosas imágenes de Viana do Bolo, rodeada por el embalse y con su Torre del Homenaje en la cima del pueblo. 

Una gran muestra del valor paisajístico, etnográfico y turístico de nuestro entorno. 

Preme na imaxe para visualizar o vídeo 

VIANA DO BOLO, NATURAL PARADISE

 

Beautiful images of Viana do Bolo, surrounded by a gougeous lake and its medieval Torre del Homenaje at the top of de town.

A fantastic example of the beauty and exceptional ethnographic and touristic value of this reagion 

Click on the image to access the video

HISTORIA DA FESTA DA ANDROLLA

Descripción dos inicios da Festa da Androlla de Viana do Bolo. Unha das festas gastronómicas máis importantes e antigas de Galicia, que no pasado ano celebrou a súa 50 edición.

Neste 2021, ante a imposibilidade de celebrala, queremos recordar as orixes desta festa e compartir, co resto do mundo, en que consiste o noso exquisito menú da Festa da Androlla. 

Preme na imaxe para visualizar o vídeo 

POBOS DE VIANA (PARTE I)

 

Fermoso percorrido polos pobos e paisaxes de Viana do Bolo a vista de dron.

Unha serie de vídeos dividida en catro partes, nas que se recollen impresionantes imaxes e vistas aéreas das nosas parroquias e aldeas.

Nesta 1ª parte podemos gozar coas vistas dos núcleos de: Ardexaxe, Bembibre, A Bouza, Caldesiños, Castiñeira, O Castro, Cepedelo, Covelo, Dradelo, Edroso, A Ermida, Fornelos de Cova e Fornelos de Filloás.

Preme na imaxe para visualizar o vídeo.

POBOS DE VIANA (PARTE II)

 

Nova entrega deste orixinal percorrido polos pobos e paisaxes de Viana do Bolo a vista de dron.

Nesta 2ª parte podemos gozar coas vistas dos núcleos de: Fradelo, Froxais, Grixoa, Louzaregos, Mosexos, Mourisca, Parada, Paradela, Penouta, Pinza, Pixeiros e Pontón.

Preme na imaxe para visualizar o vídeo.

POBOS DE VIANA (PARTE III)

 

3ª parte deste peculiar percorrido no que se recollen impresionantes imaxes e vistas aéreas das nosas parroquias e aldeas.

Nesta ocasión, facemos unha visita ás aldeas de Pradocabalos, Pradorramisquedo, Punxeiro, Quintela de Edroso, Quintela de Umoso, Quintela do Pando, Ramilo, Rubiais, San Cibrao, San Mamede, San Martiño, Santo Agostiño.

Preme na imaxe para visualizar o vídeo.

POBOS DE VIANA (PARTE IV)

 

Último capítulo desta serie de catro vídeos que percorren as aldeas e paisaxes do Concello de Viana do Bolo.

Nesta ocasión, as vistas aéreas son as de: Seoane de Abaixo, Seoane de Arriba, Servaínza, Sever, Solveira, Santa Mariña da Ponte, Santa Mariña de Froxais, Tabazoa de Edroso, Tabazoa de Umoso, Umoso, Vilardegoia, Vilardemilo, Vilarmeao e Vilaseco.

Preme na imaxe para visualizar o vídeo.

51 FESTA DA ANDROLLA

 

Vídeo promocional da 51 Festa da Androlla, que terá lugar o 19 de febreiro de 2023 en Viana do Bolo

.

Vídeos