🎼✨ Dende o Concello de Viana do Bolo estamos a preparar o novo curso 2026-2027 das nosas Escolas musicais , que dará comezo no mes de outubro.
.
Aquí tedes un pequeno adianto de información:
.
🎵 Disciplinas ofertadas:
🎹 Piano
🎸 Guitarra
🎼 Solfeo
🥁 Percusión
🪈 Gaita
🪗 Acordeón
.
👧👦 Para nenos/as a partir de 6 anos e persoas adultas.
.
💵💵 Custo das actividades:
💵 1 modalidade musical 10 euros
💵 1 modalidade musical + solfeo 12 euros
💵 2 modalidades musicais (con ou sen solfeo) 14 euros
💵 3 modalidades musicais (con ou sen solfeo) 17 euros
💵 4 modalidades musicais (con ou sen solfeo) 30 euros
💵 5 modalidades musicais (con ou sen solfeo) 35 euros
.
📢‼️ A próxima semana ampliaremos información sobre os prazos de inscrición, horarios, etc. para que poidades organizar os vosos horarios de cara a este novo curso de actividades.
.
📲👀 Estade moi atentos/as ás nosas Redes Sociais e páxina web!
.
#VianaDoBolo #EscolasMusicais #Música #Cultura #concellodevianadobolo #vivirenviana #vianadobolo #vianacoamusica #viveviana #escolasmusicaismunicipaisvianadobolo #escolasmusicaismunicipais2026
🌿🌳🍽️🍲 Que é Rebrota Silbina?
.
🌿🌳🍽️🍲 Un proxecto que ten como obxectivo a promoción turística, natural, gastronómica e cultural dos 10 concellos integrantes do GDR Sil-Bibei-Navea ofrecendo ás persoas participantes experiencias de inmersión e desfrute do patrimonio natural, cultural e gastronómico deste territorio.
.
🌿🌳🍽️🍲 O proxecto desenvólvese en 5 xornadas, cada unha das cales abrangue 2 concellos limítrofes. O grupo de actividades en cada xornada inclúe unha ruta de sendeirismo pola mañá en un dos concellos e unha visita patrimonial e degustación de produtos locais noutro concello ao mediodía.
.
🌿🌳🍽️🍲 No caso da xornada que comparten Viana do Bolo e Vilariño de Conso estas son as súas características principais:
.
👉 Día: sábado 29 de agosto
👉 Ruta: Foxo do Lobo de EntreCabezas 7 km Dif: Fácil
👉 Degustación: “A Curuxa do Río” (Vilariño de Conso)
👉 Visita cultural: Museo etnográfico (Vilariño de Conso)
.
ℹ️✍️ Información e inscricións na seguinte ligazón:
.
https://surbia.es/actividad/rebrota-silbina-gdr/
.
#concellodevianadobolo #vianadobolo #vivirenviana #viveviana #verán2026 #veránenviana #veránenviana2026 #silbina #gdrsilbibeinavea