CLASES DEPORTIVAS MUNICIPAIS: CURSO 2019- 2020

Un ano máis o Concello de Viana do Bolo pon en marcha o programa de "Clases Deportivas Municipais", dirixidas a fomentar a práctica deportiva entre os/as nenos/as e mozos/as do noso concello. O programa dará comezo no mes de outubro e finalizarà en xuño de 2020 (coincidindo co curso escolar). 

Dende hoxe ata e ata o vindeiro 20 de setembro os/as rapaces e rapazas de Viana xa poden anotarse nas 3 modalidades deportivas ofertadas inicialmente: fútbol, baloncesto e predeporte (para os/as máis cativos/as). 

Os grupos deberán contar cun mínimo de 10 participantes. 

As inscricións e a información estarán dispoñibles nas Oficinas do Concello. 

Non quedes sen a túa praza e anótate xa!