O cartel que representará o Entroido de Viana do Bolo neste 2020 baixo o título"Jaesdama Viana", é obra do autor Jaume Gubianas Escudé. 

Jaume Gubianas estudou deseño gráfico na Escola Massana de Barcelona.

Desde 1996 traballa como deseñador gráfico facendo traballos para empresas, principalmente no campo da imaxe corporativa e o packaging.

No campo editorial colabora regularmente con editoriais de Barcelona e de Madrid ilustrando libros de texto e literatura infantil (Santillana, Mc Graw Hill,  Edebé, Grupo SM, Edelvives, Anaya) e tamén colabora con varias revistas

Como cartelista as súas propostas foron premiadas en numerosos concursos de distintos puntos do estado (Palencia, Lleida, Denia, Miranda de Ebro, Medina del Campo, Jaca, Cuenca, Ciudad Real…)

A súas propostas para cartel, son o froito dun paciente traballo de investigación para coñecer a fondo a festa e captar o seu espírito, xa que é un gran apaixonado da cultura popular e goza mergullándose no universo de cada unha delas utilizando a ilustración como ferramenta fundamental para poder dar a súa propia interpretación.

O cartel foi elixido o gañador polo Xurado do concurso entre un total de 42 obras presentadas.

Dende o Concello de Viana do Bolo agradecemos a todos/as os/as autores/as a súa participación no concurso e desexamos que vos guste a obra seleccionada! 

 

 

Descargas