BANDO INFORMATIVO
INFORMACION SOBRE MATERIAL DE PROTECCIÓN (EPIs)


O Sr. Alcalde fai saber que o Concello de Viana do Bolo, ante as reiteradas peticións desta Alcaldía, recibiu da Xunta de Galicia a traveso da Delegación en Ourense o seguinte material de protección:


Mércores 26 de marzo. Recollido na delegación da Xunta de Galicia en Ourense por un traballador do Concello o seguinte material:
- Máscaras. 63 unidades.
- Luvas de plástico de un so uso. 6 caixas
- Fundas de traballo dun so uso. 10 unidades

Xoves 27 de marzo. O Concello de Viana do Bolo cedeu á Residencia de Maiores de Viana (Fundación Valdegodos), sita na Rúa Ferradal, o seguinte material:
-Máscaras. 50 unidades.
Luns 30 de marzo. Enviado ao Concello por mensaxeiro o seguinte material:
-Máscaras cirúrxicas. 350 unidades
-Xel hidroalcohólico (bote de 500 ml). 6 unidades
-Desinfectante clorado (garrafa 5 L). 1 unidade
-Traxes antisalpicaduras. 14 unidades
-Batas protectoras (un so uso). 70 unidades

Luns 30 de marzo. O Concello de Viana do Bolo cedeu á Residencia de Maiores San Roque, sita na Rúa María Pita, o seguinte material:
-Máscaras cirúrxicas. 50 unidades
-Bactericida funxicida. 1 garrafa de 10 L das adquiridas polo concello con anterioridade ao estado de alarma.
-Luvas de plástico de un so uso. 1 caixa.

Martes 31 de marzo. O Concello cedeu á empresa ALPIXENDRA, SERVIZOS RURAIS SL (adxudicataria do servizo de Axuda no Fogar, tanto nas modalidades básica como de atención á dependencia) o seguinte material:
-Máscaras cirúrxicas. 100 unidades
-Xel hidroalcohólico (500 ml). 2 unidades.
-Batas protectoras (un só uso). 25 unidades.
-Luvas de plástico de un so uso. 1 caixa.

 

O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 1 de abril do 2020.
O Alcalde. Secundino Fernández Fernández.

Descargas