BANDO INFORMATIVO
FASE 2 DA DESESCALADA NO CONCELLO DE VIANA DO BOLO


En relación á Orde do Ministerio de Sanidade 414/2020, de 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da Fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, esta Alcaldía,


INFORMA


PRIMEIRO. A partires do luns, 25 de maio, a Provincia de Ourense pasa á Fase 2 do Plan de Transición cara unha nova normalidade, o que implica a libre circulación pola provincia en grupos de até 15 persoas, salvo convivintes.


SEGUNDO. Poderá procederse á reapertura ó público de tódolos locais de comercio retallista e actividades de servizos profesionais cuxa actividade fose suspendida pola declaración do Estado de Alarma.


O aforo do local limitarase ó 40%, e deberá manterse unha distancia de seguridade de 2 metros. Ademais, deberá establecerse un horario de atención con servizo prioritario a maiores de 65 anos. En todo caso deberá atenderse ás medidas de hixiene establecidas no artigo 11 e seguintes da Orde 414/2020.


TERCEIRO. Poderá procederse á reapertura ó público dos establecementos de hostalaría e restauración, salvo os locais de discotecas e bares de ocio nocturno, sempre que non se supere un 40% do aforo e se cumpran as condicións sinaladas no Capítulo IV da citada Orde.


O consumo dentro do local só poderá realizarse sentado en mesa ou agrupacións de mesas, e preferentemente previa reserva. En ningún caso se admitirá o autoservizo en barra por parte do cliente. Así mesmo, está permitido o encargo no propio establecemento de comida e bebida para levar.


A prestación do servizo nas terrazas ó aire libre continuará a realizarse dacordo coas instrucións xa sinaladas na Orde SND/399/2020, do 9 de maio.


CUARTO. Poderá procederse á reapertura das zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísiticos, dacordo coas condicións establecidas no Capítulo IV da Orde SND/414/2020.

QUINTO. Na Biblioteca Pública Municipal poderán realizarse actividades de consulta en sala, sempre que non se supere o 30% do aforo autorizado, así como facer uso dos equipos informáticos, que serán limpados despois de cada uso.


SEXTO. Nos vindeiros días procederase á reapertura do Pavillón Polideportivo, previa cita e mediante a asignación dunha quenda, fora da cal non se poderá permanecer nas instalacións.


O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 24 de maio de 2020.

Descargas