BANDO INFORMATIVO
LEVANTAMENTO DA SUSPENSIÓN DAS FEIRAS


Ponse en coñecemento de todos os veciños e veciñas así como da poboación en xeral, que esta Alcaldía, ven de ditar a Resolución nº 2020-0332, de 26 de maio, en relación ó levantamento da suspensión da celebración das feiras, cuxo tenor literal é o seguinte:


“Vista a Orde do Ministerio de Sanidade 414/2020, de 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.
Visto o Decreto desta Alcaldía núm. 2020 – 0297, de data 15 de maio, polo que se declarou a suspensión da celebración das feiras no Concello de Viana do Bolo até novo aviso,


RESOLVO


PRIMEIRO. Declarar o levantamento da suspensión da celebración das feiras e mercados no Concello de Viana do Bolo.


SEGUNDO. O número de postos autorizados limitarase ó 30% dos habituais, e exclusivamente para a venda de produtos de alimentación e horticultura.


Os postos deberán sinalar de xeito claro a distancia de seguridade interpersoal de dous metros entre clientes, con marcas no chan ou mediante o emprego de balizas, cartelería ou sinalización para aqueles casos nos que sexa posible a atención individualizada a mais dun cliente.


A distancia entre os postos será de dous metros, e só poderá ocuparse unha das marxes da vía pública.


TERCEIRO. En ningún caso poderá levarse a cabo o autoservizo por parte do cliente, a fin de evitar a manipulación directa por estes dos produtos. É obrigatorio acudir á feira provisto de máscara protectora, de tipo hixiénica ou cirúrxica.”

Descargas