Comezan as vacacións dos/as máis cativos/as e con elas as Actividades Infantís de Verán!!
 
Como novidade, este ano as Actividades Infantís de Verán (que constan de Ludoteca e Campamento) terán unha maior duración no tempo e darán cobertura a meirande parte do mes de xullo e a metade de agosto.
 
Ludoteca e Campamento terán como obxectivo a diversión dos/as participantes, pero tamén a educación en valores importantes (igualdade, respecto ao medio ambiente, traballo en equipo, etc.).
.
Haberá xogos ao aire libre, festas temáticas, xincanas, saídas á piscina, excursións, deportes, etc.
 
Os prazos de inscrición serán os seguintes:
 

Ludoteca: Dende o luns 14 de xuño ao venres 25 de xuño (ou ata completar as prazas)

Campamento: Dende o luns 14 de xuño ata o luns 19 de xullo (ou ata completar as prazas)
 
As prazas serán adxudicadas por RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN, sendo necesario presentar a solicitude no Rexistro do Concello de Viana do Bolo.
 
Para máis información contactar co CIM: 988 32 92 60
 
 

Descargas