Despois de moito esforzo e adicación, por fin, podemos mostrarvos o resultado de PEGADAS!!
 
Trátase dun documental no que as protagonistas son as mulleres do noso concello. É unha recopilación das súas vivenzas, de historias de amor, de traballos, de festas e bailes, de tradicións, de lendas e contos populares, etc.
 
Un traballo que comezou hai máis de 6 meses e que nos levou a entrevistarnos con máis de 70 mulleres da meirande parte das aldeas de Viana.
 
Unha morea de historias moi emotivas e interesantes coas que se pretende recoñecer o papel que elas tiveron e teñen na historia de Viana.
 
O proxecto foi realizado dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viana do Bolo e  contou coa financiación dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.