O 17 de Maio, celébrase o Día das Letras Galegas adicado nesta edición de 2022 ao autor valdeorrés  Florencio Delgado Gurriarán pola súa labor como poeta, tradutor, editor, ... entre outras moitas.

Dende o Concello de Viana do Bolo queremos celebrar esta data tan importante para a nosa lingua e literatura organizando unha serie de actividades para toda a veciñanza:

  • CONTACONTOS ILUSTRADO E MUSICALIZADO "Florencio Delgado Gurriarán: De Valdeorras a México". Esta actividade, dirixida a un público infantil e familiar, terá lugar o mércores 11 de maio en horario de tarde na Biblioteca Pública Municipal.
  • OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS: Durante a tarde do sábado 14 de realizarase na Praza Maior de Viana do Bolo un obradoiro, dirixido a nenos e nenas, para a realización duns orixinais e creativos marcapáxinas de cartón e cartulina.
  • OBRADOIRO “PEDRA, TRADICIÓN, A LINGUA NO PILÓN”: Actividade dirixida á cativada que consiste na decoración de pedras nas que, a través da creatividade, os/as participantes expresarán a importancia da nosa lingua. 
  • SESIÓN MUSICAL e LECTURA PÚBLICA DA OBRA DE GURRIARÁN: Anemización da mañá do 17 de maio na Praza Maior de Viana do Bolo con música a cargo dunha charanga local e lectura pública e voluntaria da obra de Gurriarán aberta ao público para todas idades.

Anímate a participar! 

 

Descargas