A dirección xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, tendo en conta as prediccións meteoloróxicas para os videiros días, quere facer un chamamento á poboación para que actúe con responsabilidade nas vindeiras datas.

Segundo os organismos preditores, a Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, no día de maña entrará unha fronte polo oeste que virá acompañada de ventos fortes e choivas abundantes e que, pode ter impacto na poboación ao tratarse de datas nas que se multiplican os desprazamentos, reunións e actividades na rúa.

Se espera que os refachos de vento reduzan a intensidade nas últimas horas da tarde do día 31, pero as precipitacións se prolongarán durante o primeiro día do ano. É por elo que, lémbrase á cidadanía que no caso de utilizar o vehículo, comprobe o estado dos pneumáticos e as luces, así como asegure o correcto funcionamentos dos elementos de retención no interior do vehículo. Infórmese sobre o estado das estradas, a través da radio ou ben da app da DGT, e de ser posible circule durante o día, evitando as vías secundarias.