📅📅 Hoxe, 14 de marzo, a rapazada do CEIP Bibei poderá gozar do espectáculo teatral "Mai, mai, o último oso panda"de Baobab Teatro.
 
🌍🐼 Mai Mai é a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. A falta de comida e os problemas ocasionados polo quecemento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe para salvar ao último oso panda.
 
♀️♻️ Unha historia de feminismo, ecoloxismo e cooperación que se enmarca dentro do programa de actividades polo "´Día Internacional da Muller".
 
👉 A actividade está cofinanciada pola Rede de Auditorios de Ourense da Deputación.