A Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social organiza as  "Xornadas informativas internacionais de asesoramento en materia de Seguridade Social" os vindeiros días 8 e 9 de maio no Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) no número 4 da Praza Eduardo Barreiros de Ourense.

As xornadas diríxense a persoas que exerceron actividade laboral en Alemaña e tamén aos seus familiares, sexan na actualidade traballadores ou pensionistas, e a finalidade destas é ofrecer unha información especializada e personalizada sobre os seus futuros dereitos a pensións, aclaración de periodos de cotización e para solucionar posibles incidencias en expedientes que actualmente se encontran en espera de resolución ou rematados con algún detalle que aclarar ou emendar.

Invitamos ás persoas interesadas en recibir información do Seguro alemán a visitarnos, utilizando a modalidade de "cita previa". Para iso deberán dirixirse a calquera dos CAISS da provincia ou ben mediante chamada telefónica ao número 91 542 11 76.

 

Descargas