Abre o teu comercio ao mundo “Google para comercios e profesionais”

Curso para comercios, autónomos e profesionais.

Aprende a posicionar o teu comercio na internet, facilitando que atopen o teu negocio, aparecendo nas procuras en postos privilexiados e con todos os servizos e produtos que ofrece a túa empresa. Ademais, vincula a túa dirección cos dispositivos GPS.

Neste curso de 3 horas, aprenderás a crear o teu perfil de google, onde obterás as mellores valoracións, posicionarás os teus produtos, fixarás a túa dirección para que sexa accesible desde todos os navegadores, incluirás o teu número de teléfono, horario de apertura, incluír a túa carta de menú…

Este curso gratuíto impartirase no centro de cultura de Viana do Bolo o Venres 7 de Xuño de 2024 en horario de mañá de 10 a 12:30h.

Para asistir ao curso, é necesario reservar praza. Curso subvencionado e con prazas limitadas. Información e reserva de praza 988 329 168.