Hoxe, 23 de setembro, conmemórase o Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mujeres, Nenas e Nenos, motivo polo que a FEMP aprobou, no seo da súa Comisión de Loita contra a Violencia de xénero, un Manifesto no que se reafirma o rexeitamento absoluto a todas as formas de explotación sexual e tráfico de persoas, especialmente as mulleres e os/as menores de idade.

Dende o Concello de Viana do Bolo sumámonos a este manifesto, no que destaca a urxencia de visibilizar e erradicar esta grave violación de dereitos humanos e a necesidade de traballar de maneira conxunta para previr, combater e sancionar estes crimes.

 

Descargas