CONTINUACIÓN FESTAS DE VIANA DO BOLO

Despois de comezar a semana coas magníficas actuacións dos grupos "América de Vigo" e "La edad de Oro del Pop español" continuamos hoxe a programación das Festas Patronais coa orquestra "Costa Dorada".

Os festivos 15 e 16 de agosto terá lugar a procesión e a misa na honra  da Nosa Señora da Asunción e San Roque respectivamente.

Durante a mañá do 15 de agosto contaremos coa música da Banda de gaitas das Escolas Musicais do Concello de Viana do Bolo e o 16 de agosto coa actuación da Banda de Música "Agrupación Musical da Limia".

Para amenizar as noites de ámbolos dous días (15 e 16 de agosto) contaremos coa música e actuacións das orquestras "La Estación" e "Gran Casino".