Novas

O Alcalde de Viana do Bolo sae moi satisfeito da xuntanza mantida durante a mañá de onte co Vicepresidente da Xunta de Galicia, Presidente da Deputación de Ourense ademáis de outros técnicos e funcionarios da administración provincial e autonómica.O que o Alcalde de Viana pedíu na xuntanza foi que tanto a Xunta de Galicia como a Deputación son as administracións que deberían facerse cargo da contratación de empresas para retirar urxentemente os residuos da Bouza e de Pixeiros, para que así permita o desenvolvemento, canto antes, da vida cotiá dos seus veciños.O alcalde do Concello Viana do Bolo chegou a un acordo coa Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense:- A Deputación de Ourense contratará unha empresa, (TRAGSA), e ésta acometerá a retirada de todos os residuos acumulados na Bouza e Pixeiros.Agradecemos que tomaran en consideración a proposta do alcalde de Viana e lamentamos que se demorara 14 días en fraguarse un acordo que se alcanzou en pouco máis de unha hora

Ver máis