Novas

O Concello de Viana do Bolo atópase en proceso de redacción dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable, a fin de dar cumprimento ós compromisos adquiridos como Concello firmante do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).  Este Plan de Acción ten por obxectivos establecer unha estratexia xeral para a reducción de emisións de CO2 e do consumo de enerxía, o fomento do emprego de enerxías sustentábeis e de medios alternativos de moblidade e a formación e concienciación á veciñanza nestes aspectos.
 
A redación deste Plan é posible grazas ó apoio financieiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do programa Xacobeo 2021, ao abeiro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER , a fin de dar cumprimento ó obxetivo "Frear o cambio climático".
 

Ver máis

ATÉ NOVO AVISO QUEDA PROHÍBIDO O CONSUMO DE AUGA POTABLE NO NÚCLEO URBANO DE VIANA DO BOLO.
A auga poderá utilizarse para fregar ou lavarse, pero non para consumo humano nin para cociñar.

Ver máis

Bando da Alcaldía informando sobre a situación actualizada da Residencia de Maiores e do Concello de Viana do Bolo. Voltamos a situarnos no Nivel 2 de Alerta, en tanto se confirman un total de 22 positivos.
 
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

Infórmase a veciñanza que o vindeiro luns, día 2 de novembro, a unidade móbil de Doazón de Sangue estará na Estación de Autobuses de Viana do Bolo de 17:00 a 21:00 horas.

Ver máis

Bando da Alcaldía informando sobre as novas medidas e restricións adoptadas como consecuencia da Declaración do Estado de Alarma, así como sobre a situación actualizada da Residencia de Maiores e do Concello de Viana do Bolo, que pasa a estar en Nivel 2 de Alerta
Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf. Tamén poderás descargar a nova normativa, e a Guía da Xunta de Galicia sobre as medidas actualmente en vigor.

Ver máis

Bando da Alcaldía actualizando a información sobre a situación da Residencia de Maiores da Terceira Idade de Viana do Bolo, na que se confirman un total de 12 positivos, 6 traballadores e 6 residentes.

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis