Novas

Publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 218, de 22 de setembro, a vacante do cargo de Xuíz de Paz titular deste Concello, ábrese un prazo de 15 días hábiles (a contar a partir de mañá, 23 de setembro), para que as que estean persoas interesadas, e reúnan as condicions legais solicíteno por escrito dirixido á Alcaldía.

Ver máis

Podes solicitar Cita Previa para a túa Oficina de Emprego no seguinte enlace:
https://emprego.xunta.es/citaprevia/

 
Os trámites para os que está habilitada a cita previa presencial son os seguintes: 

  • Inscrición inicial da demanda de emprego, para aquelas persoas que nunca estivesen inscritas como demandantes. 
  • Modificación, actualización e outros trámites relativos á túa demanda de emprego, así como obtención de informes.
  • Orientación, asesoramento e acreditación da busca activa de emprego para a solicitude de subsidios ou outras rendas.
  • Formación para emprego (cursos ou obradoiros de emprego).

Ver máis

Bando da Alcaldía en relación á apertura do prazo de solicitudes para o cargo de Xuíz de Paz Titular do Concello de Viana do Bolo. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Viana do Bolo nun prazo de 15 días hábiles, a contar dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia, que terá lugar nos vindeiros días.

Prema en "Ver mais" para descargar as Bases da Convocatoria.

Ver máis

Bando da Alcaldía en relación á situación do CODI-19 no Concello de Viana do Bolo.

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

A partires de hoxe, 14 de setembro, ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Musicais Municipais nas modalidades de guitarra, solfeo, gaita e percusión tradicional galega, e saxofón. O prazo está aberto até o vindeiro luns, 28 de setembro.  Información e inscricións no Concello de Viana do Bolo (988 340 120).
 
Prema en "Ver máis" para descargar a Folla de inscrición e os Horarios provisionais das actividades.
 

Ver máis

Bando da Alcaldía en relación ó peche de instalacións municipais e suspensión da celebración das feiras até novo aviso, debido ó novo gromo de COVID-19 confirmado no Concello. 

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

Bando da Alcaldía en relación ó novo gromo confirmado en Viana do Bolo, con outros 5 positivos, acadándose un total de 21 casos confirmados polo SERGAS.

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

O Concello de viana do Bolo, a través do CIM,  convoca o Concurso Fotográfico “Mulleres de Viana en primeira plana”, cuxa finalidade é coñecer e recoñecer o papel das mulleres na comarca de Viana do Bolo, darlles visibilidade e facerlles unha pequena homenaxe con motivo do Día da Muller Rural que se celebra o 15 de outubro.
Consulta as Bases e participa!! 
 

Ver máis