Capela da Soidade

Este pequeno templo de estilo barroco ten a súa orixe nun patrocinio señorial, como evidencia o balcón interior de acceso restrinxido que presenta no seu muro sur. A familia nobre que financiou a súa construción, de forma total ou parcial -non o sabemos-, quería distinguirse entre os fregueses, por iso reservou para si un lugar destacado no interior do altar maior. 

Nobres son tamén algúns dos enterramentos monumentais que se conservan no adro. A imaxe de maior valor artístico é a talla dun Cristo articulado que se conserva nunha furna de cristal. O venres santo a imaxe sae en procesión e, na praza da vila, protagoniza a pasaxe do desencravo.

“El pueblo de Viana siente gran devoción por la Virgen de la Soledad, que se venera en la capilla del mismo nombre, enclavada en lo alto del pueblo. Existe además un dato curioso sobre ella. En un documento del año 1625, cuya transcripción fue hecha por el notario de la villa, don Urbano Vila Yáñez, abuelo mío, y cuyo documento se halla actualmente en el obispado de Astorga, afirmado por doctores, bachilleres y licenciados de aquella época, se daba fe por medio de un acta, conforme el bendito Cristo que lleva en sus brazos la Virgen de la Soledad, sudó sangre durante la misa celebrada el día 5 de diciembre del año 1625”.

María del Rosario Castells Vila
“La comarca natural de Viana del Bollo”,
A Coruña (1967)