Escudo da praza do Cabo da Vila

Na Rúa da Eirexa nº 1, esquina coa praza do Cabo da Vila, atopamos este brasón esquineiro, único na vila. De tipoloxía cuartelada, trae: 1º) unha cruz potenzada, que son armas dos TEIXEIRA; 2º) cinco flores de lis colocadas en aspa que puideran ser por Deza, Aldao; 3º o que parecen ser cinco cachiporras postas en pau e colocadas en faixa e 4º as troitas dos GAIOSO. Timbrado con helmo frontal empenachado, ornado de lambrequíns e outras figuras. Escudo sobre cartela soportada por dous leóns rampantes e superposta á cruz de Santiago.

Composto por:

  • Ser imaxinario, mestura de animal e ser humano. Loce tronco de touro e ás de ave. Coa man dereita colle un seo de muller e coa esquerda sostén un helmo de cabaleiro sobre o que tamén pousa as súas patas.
  • León tenante sexuado, que se ergue sobre as patas traseiras sustentando o escudo.
  • Un ser mítico deitado, coa metade superior en forma de home e a inferior en forma de vexetal, toca un corno de caza.
  • Froitas, símbolo da abundancia.
  • Cinco costelas, emblema da familia Acosta. Tamén cabe a posibilidade de que sexan bastóns.
  • Tres troitas colocadas en faixas horizontais, emblema dos Gaioso.
  • Cinco flores de lis colocadas en forma de aspa, símbolo da familia Alvarado.
  • Cruz potenzada, símbolo da familia Martínez.
  • Brazo da Cruz de Santiago.
  • Celada sen coroa, propia dun cabaleiro, pero mirando de fronte, como só fan os reis, príncipes, duques e arqueses.
  • Penachos decorando a celada.