Novas

Pola presente dase publicidade á convocatoria e selección de 4 Peóns Forestais para a realización de actuacións dentro do Servizo Municipal para Tarefas de Biomasa e outras de Valorización Forestal (APROL RURAL).
 
O prazo de presentación de instancias estará aberto os días 25 e 26 de xuño. Prema en "Ver máis" para descargar os Criterios de Valoración e os Modelos de presentación de solicitudes.

Ver máis

Pola presente dase publicidade á Resolución Definitiva de Admitidos e Excluídos no procedemento de selección de varias prazas de persoal laboral, ao abeiro do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a Entidade local menor de Berán en materia de Empregabilidade 2020. 
 
Prema en "Ver mais" para descargar o Decreto 2020-0378.

Ver máis

Videoacta do Pleno Extraordinario celebrado o pasado martes, 16 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Viana do Bolo, debido ás circunstancias excepcionais e de forza maior causadas pola COVID-19.
Prema en "Ver mais" para acceder á Orde do Día e á Videoacta. Tamén podes atopala na canle de youtube do Concello de Viana do Bolo.

Ver máis

Pola presente dase publicidade á Resolución de aspirantes admitidos e excluídos no procedemento de selección de varias prazas de persoal laboral, ao abeiro do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a Entidade local menor de Berán en materia de Empregabilidade 2020.
 
O prazo de subsanación de solicitudes é de 2 días hábiles, a contar a partires de hoxe, 16 de xuño.
 
A composición do Tribunal da Selección é a que se detalla a continuación:

  • Presidenta: Clara Ortega Fernández – Secretaria-Interventora da Corporación.
  • Secretaria: Mª Asunción Ávila García – Auxiliar Administrativa
  • Vogal: María Dolores Barba Seoane – Axente de Desenvolvemento Local.
  • Vogal: Bernardino Rodríguez Fernández – Condutor.
 
Prema en "Ver máis" para descargar a Resolución da Alcaldía.

Ver máis

Esta Alcaldía convocou o Pleno Municipal para a sesión extraordinaria que se celebrará no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Viana do Bolo ás 20:00h do día 16 de xullo de 2020 

Ver máis

Pola presente dase publicidade ás Bases da Convocatoria de varias prazas de persoal laboral temporal no Concello de Viana do Bolo, ao abeiro do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos e a Entidade local menor de Berán en materia de Empregabilidade 2020, para a selección de:

  • 1 Técnico/a de Información Turística por 3 meses.
  • 1 Auxiliar Administrativo/a por 5 meses.
  • 1 Oficial de 1ª de Albanelería por 5 meses.
  • 2 Peóns por 5 meses.
 
O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, a contar a partires do vindeiro luns, 8 de xuño.
 
Prema en "Ver mais" para descargar o texto íntegro das Bases da Convocatoria.

Ver máis

Ponse en coñecemento de tódolos electores que as listas do Censo electoral - CER e CERA - quedan expostas ó público polo prazo de 8 días, comprendidos entre o 25 de maio e o 1 de xuño de 2020, ámbolos dous incluídos.

Ver máis

A partires do luns, 25 de maio, a provincia de Ourense pasa á Fase 2 do Plan para a Transición cara unha nova normalidade.

Prema en "Ver máis" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf. Tamén poderás descargar a normativa e guías do Ministerio de Sanidade.

Ver máis