Novas

Por acordo da CECOP, volve a permitirse a práctica da pesca fluvial en Galicia.
 
Prema en "Ver máis" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

¡¡Con motivo da celebración das Letras Galegas, o Concello de Viana do Bolo organiza, un ano máis, unha iniciativa para que os/as cativos/as den renda solta á súa imaxinación e creen os seus propios relatos. Este ano, con motivo do confinamento, propoñemos unha actividade moi orixinal e divertida!! 
¡¡Anímate a participar!!

Ver máis

Hoxe, 23 de abril, celébrase o Día do Libro e, como ven sendo costume, o Concello de Viana do Bolo quere conmemorar esta data tan sinalada animando á lectura entre os/as veciños e veciñas.
O Concello de Viana do Bolo realizou, nos últimos anos, multitude de actuacións e actividades dirixidas a fomentar a lectura entre a veciñanza de Viana, dando mostras do seu interese e compromiso coa cultura, a educación, o coñecemento, etc. Entre as actuacións levadas a cabo destacan:
- a amplicación en máis de 1.000 exemplares da colección bibliográfica dispoñible na Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo (BPM)
- ampliación e reforma das instalacións nas que se ubica a BPM
- realización máis de 20 obradoiros e contacontos de diversa temática (enmarcados dentro do Programa Ler Conta Moito da Rede de Biblitecas de Galicia (na que se inclúe a BPM de Viana)
- diversas presentacións de libros contando coa presenza dos/as autores/as dos mesmos, Bibliopiscina, etc.
- inclusión da nosa Biblioteca na "Rede Meiga", unha ferramenta para informatizar a xestión dos fondos da biblioteca, e que permite aos/ás socios/as da mesma acceder a multitude de información, documentación, recursos, web, buscadores, revistas, etc.

Ver máis