Novas

Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria convidan a participar no webinar para profesionais que organiza a Xunta de Galicia para falar do Plan de reactivación para autónomos, pemes e comerciantes retallistas fronte ao Coronavirus, a fin de dar a coñecer as principais medidas de choque, e resolver as dúbidas ou consultas que poida xerar.
A videoconferencia celebrarase o vindeiro luns, 25 de maio, ás 16:00 h, e para participar é necesario rexistrarse previamente en este enlace.
 
 

Ver máis

Xa rematado o prazo de presentación de textos e vídeos da actividade “Relatos dende o Confinamento”, dende o Concello de Viana do Bolo, queremos agradecer a alta participación da rapazada vianesa nesta iniciativa coa que pretendíamos homenaxear a nosa lingua e as nosas letras.
A partir de mañá e durante toda a fin de semana publicaremos na páxina web do Concello de Viana do Bolo os textos e vídeos (estos últimos serán publicados tamén nos perfís en Redes Sociais do Concello), para que todos/as poidamos gozar do talento e creatividade da nosa cativada.
Durante a vindeira semana os/as participantes serán avisados/as para recoller os seu “bono-agasallo”, que poderán utilizar no comercio vianés.

Ver máis

A partires de hoxe, 18 de maio, volve a estar permitida a práctica da caza e pesca deportiva e recreativa no Concello de Viana do Bolo.

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.

Ver máis

O concello de Viana lanza a paxina web comproenviana.com.
Iniciativa a que se poderán adherir de forma gratuíta todos as empresas e negocios que teñan establecemento ou desenrolen a súa actividade comercial en Viana do Bolo.
Prema en "Ver máis" para acceder ó texto completo da nova!

Ver máis

O 17 de Maio, celébrase o Día das Letras Galegas adicado nesta edición de 2020 a Ricardo Carvalho Calero pola súa labor como escritor, crítico literario, filólogo e lingüista.
Aínda que neste ano a celebración oficial foi aprazada ata o día 31 de outubro, dende o Concello de Viana do Bolo, non queremos esquecernos dunha data tan importante para a nosa cultura, polo que organizamos unha serie de actividades para toda a veciñanza co obxectivo  de defender e querer a nosa lingua:
 

  • RELATOS DENDE O CONFINAMENTO, dirixidos á rapazada do CEIP Bibei, que conta cunha importante dotación económica a repartir entre todos/as os/as participantes, co obxectivo de reactivar o comercio local
  • Campaña “DEFENDE O GALEGO”, coa que animamos a toda a veciñanza a pendurar a bandeira galega o día 17 e colocar nos balcóns e fiestras unha serie de carteis da campaña “Queremos Galego”, que se repartirán dende o concello, a quen asi o solicite. Tamén se repartirán láminas para colorear, para os/as cativos/as.
  • AUTORES/AS DE VIANA HOMENAXEAN A CARVALHO CALERO mediante a lectura dalgúns dos seus poemas, os vídeos serán publicados nas Redes Sociais do Concello durante a fin de semana do 16 e 17 de maio.

Ver máis

Prema en "Ver mais" para acceder ó texto completo da nova e descargar o Bando en formato .pdf.
Tamén poderás descargar a Guía do Goberno para a Fase 1, así como a Orde do Ministerio de Sanidade 399/2020.

Ver máis